Espazo ecosocial

Comprometidas con facer da Terra un mundo mellor onde vivir

Espazo ecosocial - A Cova do Raposo - Produtos ecolóxicos en Lugo

Reciclaxe e solidariedade

A Cova do Raposo non é só unha tenda de produtos ecolóxicos, senón un espazo ecosocial activo e comprometido. Aquí promovemos a reciclaxe creativa e recollemos tapóns de plástico para iniciativas solidarias, demostrando que cada pequeno xesto suma. Ademais, apoiamos campañas contra os macroparques eólicos, defendendo unha transición enerxética xusta e sostible.

O comercio xusto é un dos principais alicerces do noso proxecto. Queremos fomentar un consumo consciente e accesible, onde a solidariedade e a sustentabilidade van da man. Aquí, cada compra ou xestor é un acto de resistencia contra o modelo depredador.

Somos comunidade en movemento. Desde charlas sobre decrecemento ata accións locais, pasando polo intercambio de "libros libres", n'A Cova do Raposo cremos que a loita ecolóxica é colectiva. Convidámoste a sumarte a este camiño, onde cada elección conta e cada voz suma. Xuntas, facemos rede.

Contacto A Cova do Raposo Lugo

Ideas e suxestións

Se botas a faltar algún produto, se tes algún consello que darnos ou se simplemente queres poñerte en contacto connosco, escríbenos a través do seguinte formulario.

A Cova do Raposo - Produtos ecolóxicos

A Cova do Raposo

Rúa das Noreas, 12 - 27001 Lugo

Horario

L - V: 10.30-14.30 / 16.30-20.30

Sab.: 10.30-14.30 / Dom.: Pechado