A Cova
do Raposo
Ecoloxía e solidariedade son a nosa identidade.
Apoiando as labregas e labregos locais e a produción de orixe galega.
Estamos en Lugo na Rúa das Noreas, 12.
Produtos ecolóxicos
e de proximidade
Traémosche o mellor da horta galega. Verduras e legumes cultivados e coidados naturalmente, que conservan os sabores puros “de cando a froita sabía e ulía a froita”.
Produtos frescos cada semana
Agricultura de proximidade
Cultivados de forma ecolóxica
Da leira á casa
Martes e Xoves, os frescos máis frescos directos da horta
As nosas produtoras e produtores de confianza fornécennos periodicamente co máis selecto das súas leiras. Veno ver á nosa tenda ou fainos un pedido e levámoscho á casa.
Zumes, leite, queixo, carnes ecolóxicas…
Temos moitos outros produtos ecolóxicos que che van gustar. Tamén conservas, cafés e tés, fariñas e cereais… Vennos visitar!
Ideas e suxestións
Se botas a faltar algún produto, se tes algún consello que darnos ou se simplemente queres poñerte en contacto connosco, escríbenos a través do seguinte formulario.
A Cova do Raposo
Rúa das Noreas, 12 - 27001 Lugo
Horario
L - V: 10.30-14.30 / 16.30-20.30
Sab.: 10.30-14.30 / Dom.: Pechado