Espazo ecosocial
Comprometidas con facer da Terra un mundo mellor onde vivir
Reciclaxe e solidariedade
A Cova do Raposo non é só unha tenda de produtos ecolóxicos, senón un espazo ecosocial activo e comprometido. Aquí promovemos a reciclaxe creativa e recollemos tapóns de plástico para iniciativas solidarias, demostrando que cada pequeno xesto suma. Ademais, apoiamos campañas contra os macroparques eólicos, defendendo unha transición enerxética xusta e sostible.
O comercio xusto é un dos principais alicerces do noso proxecto. Queremos fomentar un consumo consciente e accesible, onde a solidariedade e a sustentabilidade van da man. Aquí, cada compra ou xestor é un acto de resistencia contra o modelo depredador.
Somos comunidade en movemento. Desde charlas sobre decrecemento ata accións locais, pasando polo intercambio de “libros libres”, n’A Cova do Raposo cremos que a loita ecolóxica é colectiva. Convidámoste a sumarte a este camiño, onde cada elección conta e cada voz suma. Xuntas, facemos rede.
Mulleres bravas
A Cova do Raposo é unha trincheira feminista. Aquí as mulleres somos as protagonistas, non só como clientas, senón como creadoras dun proxecto que desafía as normas do consumo na sociedade actual. Facer andar unha tenda ecosocial non é doado, mais con afouteza e sororidade non hai obstáculo que nos pare.
Celebramos o 8M con orgullo, porque a loita ecolóxica e a loita feminista van da man. Non calamos ante as inxustizas: nin as do planeta, nin as das mulleres. Nos nosos estantes, priorizamos produtos de emprendedoras locais e cooperativas, porque cremos noutra forma de facer economía.
Somos mulleres bravas, tecedoras de redes e gardiás da terra. Aquí non só vendemos produtos sostibles, senón que construímos espazos seguros, onde o coidado e a rebeldía se mesturan. Porque sabemos que, xuntas, somos imparables.

Ideas e suxestións
Se botas a faltar algún produto, se tes algún consello que darnos ou se simplemente queres poñerte en contacto connosco, escríbenos a través do seguinte formulario.
A Cova do Raposo
Rúa das Noreas, 12 - 27001 Lugo
Horario
L - V: 10.30-14.30 / 16.30-20.30
Sab.: 10.30-14.30 / Dom.: Pechado